Eli Ríos

 

 

 

 

 

 

 

Nomeada por:

Alberte Momán

Nomea a:

Roi Vidal
Andrés Suárez – Chile
Manuel Outeiriño
Rosalía Fernández Rial
Helena de Carlos
María Reimóndez
Carlos Quiroga
Ramón Neto

Bio-bibliografía:

Nacín en Londres ao mesmo tempo que o punk rock pero, ao pouco tempo, regresei ás terras de Ordes onde me criei. Despois de moitas voltas e reviravoltas decidín instalarme ao pé do Castro de Elviña.

1- Obra publicada.

1.1- Individual

  • nós escoitando o badalo de MarienplatzEspiral Maior2010.
  • Maria2013, O Figurante.
  • Anamnese, 2014. Sotelo Blanco.
  • Diario de fotogramas, 2014, Concello de Riveira.

1.2- Colectiva

  • Rúa da Cancela, 2010, A. C. Caldeirón.

2-Premios

  • XII Premio de Poesía Concello de Carralno 2009, por nós escoitando o badalo de marienplatz.
  • IV Certame de poesía erótica Illas Sisargasno 2009, por Rúa da Cancela.
  • I Premio de Poesía Figurante no 2013, por Maria.
  • II Premio de Poesía Manuel Lueiro Reyno 2014, por Anamnese.
  • XVIII Certame Francisco Añón de Poesía no 2014 por Doe tanto a túa ausencia.
  • Segundo premio do I Concurso de Poesía Centro Recreativo de Artes en 2014, por Diario de fotogramas.

Poética:

A poesía é a orde matemática das palabras que esparruñan os mundos da imaxinación.

Na rede:

Caderno da autora
A autora na “Galipedia”
A autora na “AELG”
A autora en “A Sega”

Poemas:

prendo a luz
aínda
que
é
de
día
só para confirmar

que a loura
segue no caldeiro
que a xanela
non transloce a rúa
que o teu nome
está mal dito
apago a bombilla

para reafirmar

que penso e existo

tamén na penumbra

 

nós escoitando o badalo de marienplatz (2009)

 

 

 

bile

azafrán

cuspida

contra

as esquinas

redondas

límite

onde as xemas

deteñen

as elipses

arquivado en: decoración de interiores

 

nós escoitando o badalo de marienplatz (2009)

 

Vídeo, son, imaxes, +:

Prendo a luz

 

Unha reflexión sobre “Eli Ríos

Os comentarios están pechados.