Rafa Yáñez

 

 

 

 

 

 

Nomeado por:
Xavier Frías Conde

Nomea a:
Manuel Pereira
Miguel Barrera
Begoña Regueiro Salgado

Bio-bibliografía:
Naceu en Vilalba Lugo no ano 1979, é licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade Complutense de Madrid.

Forma parte do Grupo Bilbao e codirixiu a colección O Roibén xunto con Xavier Frías, función que segue a desenrolar hoxe dentro do proxecto Lastura.

Ten publicado tres libros de poemas Onte chovía (2000), Lembrazas e olvidos dun extraño (2001) e Da Chá ao lonxe (2011); así como colaboracións esporádicas en revistas como Madrigal ou Xistral  e diversas participacións en antoloxías poéticas como Bilbao, mostra de poetas galegos en Madrid (2012).

Poética:
Leer e escribir poesía é unha forma de vivir, de procurala felicidade.
Permite revivir o pasado tal como foi ou como gostaríamos que fose. A poesía é unha forma de dicir todo o que queremos que se saiba: aquilo que doe, o que está mal, pero tamén aquilo que nos gusta e debería repetirse.

A poesía é unha conciencia colectiva.

Na rede:
Entrevista en “El Progreso”
Máis do autor

Poemas:

II
a orquestra a carón do templete
sopra no ar
unha autopsia vertixinosa
eu
sentado no cumio do queixo que se forma na Costa
lembro as caretas esquizoides
que un día foron o son dunha viola transida
a sintaxe da floresta a carón dun castro
a terra entre amieiros e bidueiros
sona na Serpe o saúdo dunha cotovía
e as serras patruciais do Miño
ínzanse nunha Santa Compaña insaciábel
eu
apoio os cóbados en todos os campanarios
que esquivan a poesía de Pessoa
érgome
como se ergue a brétema mareira sobre as chairas e lagoas
o ruxir da vida no laúde do vento

Da Chá ao lonxe, IESCHA 2011

 

 

 

dende illa Pancha

as rochas son area

o verde brincadeiras nas miñas dedas

a auga remove

os remorsos da historia afundida

o faro impasíbel

chíos de gaivota chío-chío

quero escoitalos non chío-chío

as gaivotas non chían

auga golpeando conciencias

esperta

a sociedade civil

 

 

VI

 

vi su rostro desde abajo:

como la luna con cicatrices

la mitad en la luz, la mitad en la pena.

Tomas Tranströmer

 

ían no ar as pedras

xente bulindo na rúa

o pouso do cambio

xermolaba

nos monos azuis

dos obreiros de Bazán

absorbidas no silencio

viúvas

tamén con monos azuis

amosan as cicatrices

impotencia

NIEBLA

REY

dous cadáveres na lembranza

dunha concienia non xulgada

10 de marzo

hoxe e sempre

 

 De Axóuxeres da melancolía, pendiente de publicación

Vídeo, son, imaxes, +:
O autor no “YouTube”
1ª parte

2ª parte