Xosé Iglesias


 

 

 

 

 

Nomeado por:
Alfredo Ferreiro

Nomea a:
Alfredo Ferreiro
Ramiro Torres
Miro Villar
María José Fernández López

Bio-bibliografía:
Xosé Iglesias (1974). Sou natural da costa da norte, dun pobo que me agasallou na miña infancia cun asteleiro, no que os barcos subían e baixaban do varadoiro coma transeúntes ignorados o seu paso….
Mais non foi así, xa que os asteleiros sicar line de Cée, ensináronme a divinidade da miña relixión, construiron sen sabelo o meu universo a través de cadernas, de grúas que daban vida a un novo navío, de armazóns aerodinámicos nos que os meus ollos eran fotocopiadoras en tres dimensións da construcción dos meus soños….
Tamén, no mismo municipo, sentín a rentes da cuberta o cheiro inesquezible do aceite das baleas frotando nos mares onde escomenzei a senti-lo mar….
De estas, e varias conxuncións mais, co paso dos anos deime conta que algo ocurría co sangue que corría polas miñas veas… Nel, había auga salgada¡¡.
En vigo rematei os meus estudos e embarquei de capitán de pesca polos océanos… Pero non atopei a paz ata que xa fai 9 anos merquei o meu barco, nel, o carón do meu mar, o mar da Coruña, sentín o que dende pequeno viña sentindo, pero de forma mais acusada… Sentín transfusións oceánicas¡¡…
Non sou escritor, sou mariñeiro, pero a veces, sinto que o vento me fala¡¡

Poética:
A medida que imos avanzando no transcurso desta vida emerxen en nós ideas, pensamentos distintos os que tivemos nunha idade menos madura. Eu non podo decir que o meu salón está cheo de libros, porque non é así, tampouco sei si tódolos que teño foron lidos algunha vez.
Sei que cando estudiei en cou a manuel Antonio, non me gustou.
Sen embargo agora con 39 anos, penso doutra maneira, o leo , e vexo que transmitiu o mar en directo dende a súa personalidade… E a veces me deixa abraiado tanta fermosura, e envexo moitos versos que xa non poderán ser inventados por ninguén máis.
E neste intre, que a veces me paso tardes en bibliotecas lendo a uns e outros, emocióname saber canta creatividade sobrevive o noso redor.
Tamén sei unha cousa, casi sempre me gustaron máis os versos de poetas anónimos que os de grandes poetas consagrados.
No meu caso, facía xa moito tempo que estaba esperando o momento adecuado, o encontro con eses personaxes que me ían acompañar neste proxecto… E xa apareceron.
Agora cada día so teño que esperar un murmuio leve para que o papel escomence a mancharse.
E dende o mesmo mar, dende a perspectiva dun mariñeiro da galiza, quero intentar reivindicar dúas cousas:
A primeira, que tódolos mariñeiros somos poetas, o noso medio, onde traballamos, é un medio hostil. Nunca se sabe con certeza como serán os menceres. Non só imos por cartos, imos por poder observar a outra perspectiva da paisaxe, esa noite á que saimos dos catres e ollamos un ceo sen contaminación lumínica. Ese tremor no corpo cando as ondas son máis altas cas árbores¡¡¡… Ese espectáculo da natureza na súa máxima expresión que nos abraia. Somos admiradores do mar.
A segunda, quero reivindicar nos meus poemas a ese neno que nace prendido da man do seu avó, que o leva a pescar sempre na súa gamela.
Que cree, que o seu avó é máxico porque sempre pesca moito… Que un día colle os remos e levanta a poutada, e navega cara á liberdade do mar… Que escaralla as súas mans vogando millas e millas… E vai pouco a pouco, salinizando o seu corpo.
A ese neno que sabe o nome de tódolos barcos do peirao, as últimas tecnoloxías en aparatos da ponte.
Ese neno que na escola pinta barcos, e cadernas , e soña con ter un navío………………………Ata que co paso do tempo, con centos e centos de charpazos, e moito traballo, consegue sobrevivir por si mesmo na inmensidade do océano. Naceu o LOBO DE MAR

Na rede:
O “facebook” do autor

Poemas:
Nove metros

Lobos de mar

as nosas proas baten contra os muros salgados
e como unha serpe erguida, o mar manifestase,
e inxecta veneno nas brancas arroutías.
mais nós, somos lobos de mar¡¡
e a poción envenenada fainos dar saltos,
tembla os ferro do casco e inféctase
da sustancia tóxica que nos paraliza.
mais nós somos lobos de mar¡¡¡
a vista núblase, a dor é constante.
neutralízanse os sensos dos corpos sen dono,
e a natureza exterior é un inferno griis.
mais nós somos lobos de mar¡¡¡
os colmillos, son ondas xigantes
que nos morden………a todos.
ninguen escapa do veneno do reptil.
mais nós somos lobos de mar¡¡¡
mais tamén sabemos do antidoto.
ven onda, ven serpe, ven veneno.

Gran Sol

O sextante da alma

A miña nai é mariñeira

Transfusión oceánica

Eu, creo que sou human reconvertido,
e sinto , que nalgun momento
sufrin transfusión oceanica,
porque esta sangue do meu corpo
non é sangue, é sangue salgada.
Sinto tamen que sufrin metamorfose,
non é nariz a miña senon proa,
non son brazos os meus senon amuras
e as miñas costelas cadernas…..
Todo min forma un esqueleto naval.
E esta barriga que se afunde no mar
estabilidade contra as ondas de costado.
Son human, son barco, son tantas cousas…..
Eu creo que son arbore, porque sempre me chove,
Sempre me venta, sempre e me da o sol.
Tamen creo que sou paxaro, porque os peixes
venme voar entre as ondas, e subo, baixo,
fago siluetas acrobaticas ou simplemente voo raso.
Asi me ven, un paxaro voando no oceano…..
Miran cara enriba , e ali estou coa proa,
as amuras,a popa, a barriga, o eixe….
Eu sou mariñeiro, e o mar mollame a ialma,
salinizame e golpeame o corazon.
e eu non poido facer mais nada,

Senon ser arbore, ser barco, ser paxaro….
En serio, nada podo facer,
NADA, PORQUE MARIÑEIRO SOU.

A beleza das proas

A cárcere de liberdade do mar

 

Non hai silencio no Gran Sol

Afúndense os versos
nos marcos invisibeis do medo.
As metáforas dos ventos
afóganse en escuma branca.
Esvaécense nos tremores
involuntarios das amuras.
As palabras agóchanse
na consciencia inqueda dos mortais.
Péchanse os portillos sonoros da voz.
Pero non hai silencio no gran sol.
Non hai socairo nos costados.
Nin tinta nos cadernos dos poetas.
Reventa o mar no hourizonte.
Eclosionan as ondas
no parto inmortal das borrascas.
No mesmo útero da singradura
latexan pulsos apocalípticos
entre os fráxiles mamparos de ferro.
Repousan os corpos
nas entrañas de catres ingrávidos.
Namentres que a proa,
acoitela co puñal da sorte
o rumbo verdadeiro cara o abismo.

 

MEDRE O MAR!!!

Vídeo, son, imaxes, +:

O autor no “YouTube”

3000 Kilómetros de Bruselas a Galiza