Chus Pato

 

 

 

 

 

 

Nomeada por:
Manuel Darriba
Yolanda Castaño
Xavier Queipo
Xiana Arias Rego
Rosa Enríquez
Gonzalo Hermo
Carlos Negro
Yolanda López López
Isaac Xubín
Eva Méndez do Roxo
Erín Moure

Nomea a:
Oriana Méndez
Francisco Cortegoso
Alicia Fernández
Alba Cid
Gonzalo Hermo
Raida Rodríguez

Bio-bibliografía:
Nacín en Ourense e hai anos, moitos, que vivo en Lalín. Escribín e publiquei  diversos libros de poesía, entre eles a pentaloxía Decrúa (antes Método) que está formada por  m-Tala, Charenton, Hordas de escritura, Secesión e Carne de Leviatán.

Poética:
Dialogo

“na lingua das bestas
señor
nesa lingua
escribo”

Na rede:
A autora na “Galipedia”
A autora en “BVG”
A autora en “Galicia: mujeres poetas”
A autora en “Centeás”
A autora en “Shearsman Books”
A autora en “Madrygal”
A autora no “Boletín Galego de Literatura”
A autora en “Poetry Internacional de Rotterdam”
A autora en “tam tam press”
O “facebook” da autora
Entrevista en Koult

Poemas:
Advento

Esa árbore non se reflicte
coma tantas outras,
ante elas a linguaxe non existe

cando volvo a vela
a árbore
é xa un espectro da mente
o aire que a envolve trema

as palabras din
que os paxaros foron afastados polo tráfico
que debemos contemplar a natureza
como os poetas contemplan o ceo e os océanos
carentes de finalidade
quere dicir
en ausencia de linguaxe

tira ti as conclusións, como queiras

a linguaxe é teleolóxica
con todo
as palabras dalgunhas persoas son ceibes
son ceibes as palabras
daquelas que contemplan a natureza
calquera pode contemplar a natureza

mudos
como poetas

(o mar é un inmenso depósito de peixes)

 

 

Meta

 
Desapareces
elas
as sereas
cantan
“perderemos o enlace perderemos o enlace
perderemos”
é un canto poderoso no seu erro
e árido e persuasivo
pero a voz
ao igual que a das meniñas balbucientes
a dos que agonizan
as voces gravadas
ás dos aparecidos
ás das paridas
non o é
humana
(completamente)
O que escribo é esa desaparición
no corpo que elas ditan
na súa posibilidade
escribo a voz coma un país estranxeiro
“perderemos o tren perderemos perderemos
quereriamos durmir aquí quereriamos”
Elas
as que viaxan

Abandonariamos os remos
e todo goberno
amarrado ao mastro

 

 

Núcleo

Asediábana os cervos
eran fantasías de cervos
e longas meditacións
a idea de que para entrar na intimidade dos corpos
compre antes desactivarlles a alma
cortar un corpo en canal
coñecer os propios intestinos
Unha e outra vez volvían os circuítos
abandonaba o camarote
cruzaba entre o tráfico que lle atormentaba os soños
a vexetación era escura
pero ela sentíase diante do estanque de Livi Haus
ou fronte as murallas de Buxoro
Como é posíbel desactivarlle a alma á voz
e estar dentro da voz
na intimidade das palabras?
A arpa a arpista que se abraza á arpa
e navega as ondas
e aínda a voz
“era fermosa aquela cidade como unha lúa
e cruel como o estralar do látego
na carne dunha escrava”

Vídeo, son, imaxes, +:

A autora no “YouTube”
Poetas Di(n)VersosChus Pato e Iman Mersal

Afondando na poesía: Chus Pato II

ZigZag Diario
“Carne de Leviatán”