Criterios

Benvidos ao caderno “As escollas electivas”, espazo onde se ligan os poetas contemporáneos en lingua galega.

 

Criterios para participar deste espazo

Os poetas para seren incluídos terán:

  1. Que ser proposto/a por outro/a poeta.
  2. Escribir poesía en lingua galega, independientemente do lugar de residencia ou da nacionalidade.
Cada poeta achegará:
  1. Bio-bibliografía.
  2. 1 ou varias fotografías.
  3. Nomeado/a por.
  4. Nomear (se o estima oportuno) alomenos un/unha poeta, sen límite de escollas.
  5. Poética (espazo libre no que expresar a túa reflexión en canto á poesía).
  6. Enderezos electrónicos do autor (caderno, web, facebook, twitter, tuenti…)
  7. Selección de poemas. Poden estar publicados, ou ser inéditos.
  8. De ser o caso, tamén se admiten enderezos de audio e vídeo, co son e a imaxe do/da poeta, aloxados en YouTube, Goear, ou calquera outro portal semellante. Así coma outros enderezos electrónicos que fagan referencia ao autor/a (crítica literaria, colaboracións periodísticas, etc).
Enviarase ao enderezo: asescollaselectivas@gmail.com
O material achegarase en formato .odt, .doc ou .docx.
A imaxe en formato .jpg.
Dito material será achegado polo interesado persoalmente.